miércoles, 15 de febrero de 2012

NOVA NEWS


NOVA ONG INFORMA:

Alumnos e profesores do CPI Tomás de Lemos, como moitos xa sabedes, en O Irixo (localidade cercana a Ribadavia) queren construír unha planta incineradora para queimar os resíduos órganicos do sur de Galicia.

Os que a queren construír e a apoian din que será segura, non contaminará, que traerá centos de postos de traballo e que sen dúbida será unha cousa boa para O Irixo e localidades cercanas a el. Pero nos non somos tontos e sabemos que unha incineradora por moi pouco que contamine nunca e bo tela cerca, bueno e tampouco lonxe, e os dirixentes de NOVA ONG imos facer todo o posible e apoiar as plataformas cidadás de O Iixo no que poidamos para que a dita incineradora marche ben lonxe da nosa verde Galicia, e a poder ser que non se construíra en ninguha parte do mundo pero iso é bastante máis difícil de conseguir.

Dende NOVA pedimos que colaboredes con nós para que a incineradora non se constrúa. Cantos máis sexamos máis forza faremos e antes podremos acabar ca incineradora.

MÁIS NOVAS:

Os carnets de socio xa están diseñados, pronto sairán a luz do día e todos vos os podrdes ver.

Grazas por visitarnos día a día no blog e colaborando con nós facéndovos socios. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario