martes, 14 de febrero de 2012

Crítica do folleto atopado en O Irixo



Hoxe queremos falar de este “boletín informativo” -por non chamarlle outra cousa-

O folleto é o mencionado en entradas anteriores:Enlace do folleto.


Poderiamos dicir que nestes tempos non falta o humor. Non se sabe quén é o autor deste texto, pero si cremos que grazas a esta publicación perderá credibilidade, tanto polas cousas que di como polas súas “pequenas” faltas de ortografía -non lle fixo caso ningún ás liñas de corrección, igual tiña moita présa-. Sexa como fora sempre poderá escudarse no punto 11: “Los libros y los estudios nada tienen que ver con la realidad de la vida” -parece que o tomou moi a peito-

Vaiamos ás nosas dúbidas:

  • Suponse que O Irixo vai ser a envexa nas localidades veciñas, e posto que eles non queren a fábrica, por qué non a acollen os outros concellos para ser eles os que den de que falar?
    Pois porque en realidade envexa ninguna, ó contrario. Ninguén quere diminuír a súa calidade de vida.
  • Unha parte dos ingresos destinaranse á loita contra o fame?
    Quén asegura iso? Consta nalgún documento ou son só palabras?
  • Dende cando respirar fume non é malo para a saúde? E sobre todo se é durante anos e anos...
  • Vapor de auga? Non só expulsa iso, tamén expulsa moitos compoñetes químicos perxudiciais

No hay comentarios:

Publicar un comentario