martes, 6 de marzo de 2012

A Xunta de Galicia estuda mover a incineradora

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou onte que o seu Executivo estuda localizacións alternativas para a planta de xestión de residuos prevista para O Irixo 'dentro e fóra' da provincia de Ourense. 'A Xunta estuda distintos emprazamentos dentro e fóra do Irixo, dentro e fóra da comarca e tamén da provincia', sentenciou o titular do Goberno autonómico na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno. Noticia sobre o posible cambio de lugar da incineradora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario